Antes de empezar...

Pequenas Cousas a ter en conta...

As cousas que queremos “poñer” na páxina do colexio: texto, imaxes, noticias, eventos, música, películas, fotos etc. chámanse CONTIDOS

Existen diferentes TIPOS DE CONTIDOS en función do que queiramos publicar: EVENTO, ARTIGO DE BLOGUE, FORO, ENQUISA, PÁXINA...

Para publicar no Blogue só se pode elixir o contido tipo "Blogue, artigo de blogue"

Gardar un arquivo (sexa un documento, unha imaxe, película etc.) no ordenador onde está almacenada a nosa web (SERVIDOR da Consellería) chámase SUBIR (subir unha película, subir unha imaxe etc.)

Gravar un contido na web chámase PUBLICAR.

Se queremos que o contido que imos publicar se “vexa” temos que decidir primeiro onde o imos publicar. Os “espazos” onde podemos publicar contidos chámanse CATEGORÍAS.

As categorías aparecen na páxina principal en MENÚS despregables distribuíods en BLOQUES nunha columna no lado da dereita.

Entrar nun espazo introducindo o noso nome de usuario e contrasinal chámase AUTENTICARSE ou tamén loguearse.

Cada usuario ten asignado un ROL que determina qué cousas pode facer e ver e cousas non pode.

O que poden facer os usuarios do rol Autores de blogue:

* Crear artigos, contidos publicados no blogue, a través da opción do bloque navegación: Crear contido -> Blogue - artigo de blogue. Está explicado con mais detalle como se crean contidos e todas as posibilidades neste mesmo curso, neste mesmo tema (primeiros pasos).

* Editar e modificar os artigos. Por suposto unha vez creado o contido, o autor e só o propio autor pode editalo e facer todas as modificacións que precise, engadidos etc e tamén pode despublicalo e se quere borralo (son dúas cousas distintas).

* Cambiar o nome do Blogue, simplemente cambiando o nome do seu usuario co que acceden ao blogue, a través da opción do bloque de navegación A miña conta -> Editar -> Nome de usuario

Neste caso lembrade que é aconsellable que diante do nome que elixades poñades un "_" (guión baixo) para que no nome do blogue quede visualmente separado así: Blogue de_usuario

* Recibir Notificacións por e-mail dos comentarios dos alumnos. O autor pode decidir se queren ou non que se lle envíen notificacións ao seu correo. A web enviará por defecto un pequeno correo aos usuarios avisándoos dos contidos recentemente publicados e da existencia de comentarios enviados polos alumnos (que o profe ten que revisar e validar para que se publiquen). As opcións de notificación poden cambiarse (dentro do bloque de navegación) seguindo a ruta: A miña conta -> My notification settings

* Crear e editar bloques propios. Na columna da esquerda notaredes que hai seccións ou bloques nas que nos blogues se adoita poñer cousas como enlaces, podcast, vídeos, o que se vos ocorra para facer o blogue mais atractivo. Esta parte será explicada con mais detalle no último tema, xa que aínda que é moi fácil non é obvia. Antes de chegar a ela por favor leede toda a información que imos poñendo neste curso, tede en conta que as casas para que sexan sólidas non se empezan polo tellado.

Se tes dúbidas de cal é o teu nome de usuario e contrasinal podes consultalo na ao cordinador TIC do centro. Non imos a incluir aquí información ao respecto por cuestións de seguridade (este curso é público e calquera pode velo dende internet)

Recomendamos a cada usuario que cambia o seu contrasinal e poña un que non esquece. Se ocurrese iso (olvido de contrasinal) cada usuario pode recuperalo a través do seu correo (como en calquer servizo web) e se vos da traballo ou non sabedes podedes decilo en Secretaría e o faremos en canto teñamos un momento.

Se temos problemas para entrar na páxina decirllo ao cordinador TIC do centro. Tentarán solucionalo tan pronto como poidan.