Exercicio4: Inxerir imaxes nun artigo

Inxerir imaxes a un artigo

Hai dous xeitos de engadir imaxes a un artigo:

Inxerir unha imaxe para que apareza "tal cual" nunha zona determinada do texto

Para facelo tes que subir primeiro a imaxe empregando o IMCE (o icono con forma de arboliño do editor de texto) os seguintes pasos:
Entendo que debes estar escribindo un artigo ou editando un que xa fixeches e polo tanto estás "dentro" dese artigo na parte do editor de texto rico TynIMCE (o que aparece na parte do "corpo" do artigo e que ten un aspecto parecido ao Word de Microsoft Office)

1

1. Pica sobre o icono do IMCE imce(é un icono con forma de árbore). Aparecerá unha nova ventana pop-up como a seguinte

subir imaxe 3

2. Tes que escribir a dirección da imaxe, como aínda no a tes subida o primeiro que terás que facer e buscala no teu equipo, para elo pica sobre o botón Navegar navegar. Espera un pouco e aparecerá outra nova ventana pop-up
arquivo subido

3. Na venta que se abriu preme sobre o botón examinar e busca a imaxe que queres subir no teu equipo.

buscando arquivo

4. Cando a teñas localizada preme sobre o botón Abrir.
Aparecerá de novo a ventá de antes que amosará na parte inferior a ruta da imaxe no noso equipo

arquivo subido

5. Preme sobre subir arquivo para subir dito arquivo.

Pasado un tempo amosarase unha mensaxe indicando que o arquivo foi subido satisfactoriamente (agora está gardado no servidor da Consellería)
arquivo subido

6. Selecciona o arquivo subido (verás unha liña resaltada en cor verde) da lista superior de arquivos, e preme sobre a opción "add" para engadilo.

Amosarase automaticamente a ventana do principio onde poderás ver a ruta ou enderezo da imaxe xa subida

arquivo subido

7. Preme sobre o botón Insertar

Amosarase unha mensaxe de advertencia indicando que podes incluir unha descrición á imaxe, podes incluila ou non como queiras.

aviso

8. E finalmente preme de novo en Aceptar.

Xa podes ver a imaxe incluída no texto do teu artigo.

Subir varias imaxes e crear con elas unha presentación en flash.

O único que hai que facer e adxuntar varias fotos, automaticamente Drupal montará unha presentación en flash con elas. Esta presentación aparecerá ao inicio do contido.

Paso a paso:

1. Debes estar dentro do artigo no que queres introducir a presentación das fotos ou imaxes. (mira o princpio deste documento se tes dúbidas)

2. Atoparás unha opción ao final para adxuntar arquivos.

adxuntar
3. Pulsa sobre "Examinar" para buscar primeiro as fotos ou imaxes no teu equipo (hai que subilas dunha en unha)

4. Cando atopes a imaxen que buscas pulsa "Abrir"

Hai que poñer ESPECIAL ATENCIÓN NO NOME DOS ARQUIVOS ( as fotos ou imaxes que subimos), non poden levar nin espazos en branco, nin eñes, nin acentos, nin símbolos raros (como comas, ª, º @, # ...etc)

5. Agora poderás ver a ruta do arquivo no teu equipo, preme sobre "Adxuntar" para subilo.

adxuntar

6. Repite o proceso co resto das imaxes (para facer a presentación flash se precisan un mínimo de dous fotos ou imaxes)

7. Se non queres que calquera se poda descargar as imaxes ou fotos da páxina debes desmarcar a opción "Lista".

8. Para rematar preme sobre o botón "Enviar" para publicar o artigo e gardar os cambios.

Agora podes observar o resultado e ver como quedou o artigo. Para que te fagas unha idea podes ver un exemplo neste enlace



Como exercicio tes que incluir nun artigo do teu blogue unha serie de fotos ou imaxes polos dous métodos aquí explicados.