A web do centro

Características das web´s dinámicas corporativas do proxecto

Aplicacións dinámicas en entorno web, preinstaladas nos servidores da Consellería de Educación.
Software libre
A nivel de usuario non se precisan coñecementos de linguaxes html, php, jsp,...
Permiten definir roles de usuario con diferentes permisos de acceso
Transmisión de ficheiros por http
Cumpren as normas de seguridade dos servidores da Consellería
Permiten e fomentan a participación de toda a comunidade educativa
Existen múltiples posibilidades de estilos e plantillas

Aínda que o proxecto conta con mais funcionalidades que a elaboración de páxinas web polo de agora imos a centrarnos exclusivamente nesta parte do proxecto.


A web do centro

Para a elaboración das páxinas webs dos centros elixiuse o sistema Drupal . Trátase de software libre, con licenza GNU/GPL.
Drupal é un sistema de xestión de contidos (CMS: Content Management System) modular e moi configurable.

O seu deseño faino especialmente idóneo para construír e xestionar comunidades en Internet.

Drupal permite o traballo en equipo de distintos roles de usuarios, cada un cos seus permisos, que poden crear, xestionar, publicar e actualizar contidos.

Crear contidos e tan sinxelo como encher formularios que o usuario pode publicar en menús, seleccionando as opcións de saída.