Embeber Código

Embeber código

En programación ou desenrrolo de páxinas web, embeber quere decir inxerir (ou inxertar) código dunha linguaxe dentro doutra linguaxe.
Xeralmente o código embebido chámase script.

As páxinas web adoitan desarrollarse en linguaxe HTML, pero poden embeberse códigos JavaScript o PHP para aumentar as súas posibilidades.

É moi habitual empregar servizos web (como o que prestan youtube, calameó, vimeo, slide share...etc) para poder inxerir na nosa páxina obxectos que a fagan mais atractiva. Estes servizos da web 2.0 proporcionaranos o código html necesario para "embeber" o obxecto elixido no noso blogue.

Na Actividade IV do tema anterior incluín unha indicación sobre como inxerir un vídeo de youtube nun artigo e que nos pode servir de exemplo de código embebido (repasádeo de novo como un exemplo)

Pasos para embeber código:


1. Vai ao enderezo do servizo web e busca ou crea o obxecto que queres incluir no teu blogue. Seguramente a primeira vez terás que rexistrarte, empregarás o usuario e contrasinal que te proporcione ese servizo para acceder a él.
Mais abaixo verás unha lista de servizos web dispoñibles, aqui puxen uns poucos pero hai milleiros deles en Internet!!!

2. Na páxina web do servizo busca un enlace onde se facilite o codigo que tes que copiar. Para estas indicacións imos a aproveitar os pantallazos que xa puxemos no exemplo do servizo de youtube pero podería ser calquera outro.

As pantallas non serán idénticas pero seguen a mesma filosofía de traballo así non te será difícil buscar en cada servizo o enlace correspondente para copiar o codigo a embeber, xeralmente porá embebed, ou Insertar ou ben unha etiqueta do estilo < >, tamén pode poñer blog...

embeber codigo

3. Se o servizo web presta ferramentas para a configuración segue os pasos que te indiquen.

4. Copia todo o código html que parece na ventá (Ctrl+C) (ollo que sempre hai mais do que se ve a simple vista)

5. Entra no teu blogue

6. Crea un artigo (elixe título, pon algún texto para acompañar etc.)

7. Debaixo do editor de texto rico preme sobre a opción “Desactivar texto rico”

texto rico

É agora moi importante que poñas especial coidado en non modificar accidentalmente nada xa que unha mínima variación do código pode facer que este non funcione.

8. Sitúate ao final do último caracter que apareza escrito na ventá e pega o código que copiaste antes (Ctrl +V)
texto plano

9. Finalmente preme sobre “Enviar” para publicar o contido e mira o resultado