Exercicio2: Editar un artigo publicado


Modificar ou editar un artigo xa publicado

Segue os seguintes pasos:
  1. Vai ao artigo: navegando a través da páxina busca o sitio onde está publicado e accede a él.
  2. Entra no artigo: Sobre o propio artigo, que se debe amosar na parte central da pantalla, pica co rato sobre o título do mesmo.
  3. Unha vez feito visualízanse as pestanas de "Ver", "Editar", "Fora de liña" e "Seguimento". Neste caso pica sobre "Editar".
  4. Agora poderás facer no contido as modificacións que precises, incluida a posibilidade de engadir un novo adxunto e borrar o anterior (empregando para elo as opcións indicadas na zona de adxuntar arquivos)
  5. No caso que o documento levase algún enlace que sufrira modificacións debes actualizalo, para iso selecciona o texto ou imaxe que serve de áncora do link e pica sobre o símbolo do eslabón de cadea, na ventá que se abre cambia a ruta e pon a nova ruta ou enderezo actualizado.
  6. Finalmente preme sobre o botón "Enviar" para actualizar o contido que acabas de modificar.
O contido xa está actualizado .

Como exercicio edita o artigo que creaste no exercicio anterior e fai nel algunhas modificacións. Logo comproba o resultado.