- Entramos na web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin
- Accedemos a área privada
- Introducimos o nome de usuario e contrasinal tal e como se explicou anteriormente. Se xa temos un nome para o noso blogue de aula empregamos o usuario e contrasinal correspondente (lembrade que cando publiquemos os artigos aparecerán sempre no “blogue deusuario”, así os artigos que publica o usuario biblioteca van ao blogue debiblioteca, os que publica o usuario infantil vense no blogue deinfantil, os que publica o usuario _trasnos brigantinos aparecen no blogue de_trasnos brigantinos...etc.)
- No menú de navegación escollemos a opción “Crear contido”
- Entre os tipos de contido eliximos “blogue, artigo de blogue”
- Poñemos un título.
- Se aínda non queremos que quede visible no Borrador marcamos a opción “borrador profes”
- No “corpo” escribimos o texto que queiramos que apareza e lle damos formato (se vos fixades tedes un editor de texto algo parecido ao WordPad ou a Word de Microsoft Officce, funciona dun xeito parecido).
- Podemos tamén incluir obxectos flash (formato swf) empregando o botón
- É moi aconsellable cando vaiamos a introducir obxectos diferentes, como imaxes, texto e/ou obxectos flash que empreguemos táboas e coloquemos cada cousa nunha celda, deste xeito evitaremos que o navegador os "recoloque" segundo o espazo dispoñible, desordeando as cousas e desconfigurando o resultado. O único que temos que facer é empregar a opción de táboas incluida na barra de ferramentas.
- Nas opcións de comentarios deixamos marcado “Lectura/escritura”
- Prememos sobre o botón “Enviar” para publicar o artigo
Se pechas a sesión (elexir “sair” no menú de navegación) verás a páxina tal e como a ve un visitante calquera, se deixaches marcada a opción de borrador poderás comprobar que o teu artigo non é visible dende “fóra”