Comezo. Capítulo II

Comezando a traballar con Blogues na web do centro.

Capítulo II


Cómo fago para ter un Blog na web do centro?

Se tes un usuario e contrasinal XA TES un Blog, chámase Blogue deoteunomedeusuario. (por exemplo blogue deeduardo)

Quén creou este Blog?

Drupal crea este Blog automáticamente ao dar de alta a cada usuario.

Porqué non o vexo?

Porque non tes nada publicado nel, é dicir o tes baleiro. Se creas ou publicas algo no Blogue poderás velo ao momento. Nese momento verás que no bloque de navegación (columna da dereita abaixo de todo, xusto debaixo do teu nome de usuario) tes un enlace que pon O meu blogue...


Cómo comezo a publicar no meu Blog?

Tal e como se explicou ao principio os contidos que se publican nun Blog chámanse artigos. Para publicar no Blog o único que hai que facer é:
1- Ir na web do centro
2- Entrar na zona Privada
3- Logearse (poñer usuario e contrasinal)
4- Elixir a opción “crear contido”
5- Elixir o tipo de contido “blogue, artigo do blogue”
6- Poñer un título
7- Escribir algún texto, poñer algunha imaxe...o que queiras poñer
8- Premer sobre o botón “Enviar” (abaixo de todo)

Podo cambiar o nome do meu blogue?

Isto depende do que decida o usuario, en xeral no colexio recomendamos buscar nomes aos blogues algo mais orixinais e que non sexa tan “persoal”, por exemplo “xa estamos en terceiro”, “trasnos brigantinos”... Unha vez escollido o nome editamos o noso perfil e modificamos o nome do noso usuario poñendo o elixido para o blogue. Tamén podemos comunicalo ao cordinador TIC que nos pode botar unha man e ademais crear un enlace visible e fácil de atopar na páxina do centro para que todo o mundo poida entrar e ver o blogue.
A partir dese momento para traballar nel o único que temos que facer e poñer ese usuario que nos deron e comezar a publicar.

Poden escribir no blogue os alumnos?

Os alumnos deben escribir nos blogues, xa que son espazos colaborativos e non terían sentido se non se puideran expresar neles os rapaces. Están pensados para ser blogues de aula, os facemos por, con e para os alumnos, pero sobre todo CON eles.
É normal de tódolos xeito que nun principio sexa o profesor o único que escribe, pero na medida do posible debemos ir incentivando aos alumnos a que participen activamente.

Cómo poden participar os alumnos?

A través dos comentarios. É dicir o profesor publica un artigo (algo de interese para a aula, ou sobre o que estean a traballar na clase eses días ou sobre o que estime oportuno) e deixa aberta a opción de lectura/escritura de comentarios.
Os alumnos leen o artigo e envían o seu comentario que aparecerá inmediatamente debaixo do artigo (como fíos dunha conversación). Podedes ver un exemplo no blogue da biblioteca do Vales Villamarín: http://centros.edu.xunta.es/valesvillamarin/system/blog/27

Qué son os comentarios moderados?

Os comentarios enviados polos alumnos poden ser moderados ou non polo profesor, é decir un alumno envía un comentario, está publicado pero non se “ve” na páxina, o profesor entra na zona privada e revisa os comentarios feitos polos alumnos, pode corrixilos, modificalos ou eliminalos e decide se os publica ou non.
Este tipo de comentarios (moderados) so se ven cando o profesor os autoriza. Podedes ver un exemplo no blogue da biblioteca do Vales Villamarín: http://centros.edu.xunta.es/valesvillamarin/system/blog/27

Quén decide se os comentarios dos alumnos son ou non moderados?

O profesor que leva o Blogue.

Cómo facemos para que os comentarios dos alumnos sexan moderados?

Cando o profesor que vai levar o blogue de aula comunica en secretaria (ao equipo de administradores da páxina) o nome do blogue para dalo de alta, os administradores lle preguntarán cómo quere os comentarios, moderados ou non.
Esta decisión pode cambiarse cando se queira só hai que dicilo aos administradores da web.

E se queremos que un artigo non leve comentarios de ningún tipo?

Iso o decide o profesor cando crea o contido, marcando ou non a opción de comentarios.

Onde podemos ver os comentarios feitos polos alumnos para ser aprobados?

Ao entrar na zona privada veremos no bloque de navegación (está na columna da dereita, abaixo de todo, leva o noso nome de usuario xusto na cabeceira) unha entrada para acceder a “Revisar os comentarios de alumnos pendentes de aprobación”.

Unha vez accedamos a esa opción poderemos ver os comentarios que aínda non foron revisados polos profesores, poderemos editalos, modificalos e se así o decidimos publicalos.
colaaprobacion


E se me equivoco e publico un comentario que aínda non revisei?

Sempre podemos ir a ver os comentarios xa publicados e novamente editalos e se así o desexamos retiralos (nese caso volverían a cola de aprobación novamente) ou incluso eliminalos por completo.
comentarios publicados

Se os borramos quedan eliminados e non se poden recuperar.