Exercicio6: Inxerir un vídeo de youtube


Inxerir un vídeo de YouTube

Moitas veces atoparemos na rede vídeos interesantes para o seu uso didáctico.
Un dos Servidores de vídeo da web mais populares é YouTube. 

Neste enlace pode acceder ao canal educativo de YouTube.

Tes dúas opcións para facer que un vídeo apareza no teu Blogue: descargar o vídeo de YouTube e logo subilo ao Blogue, ou ben embeber con código html o vídeo no Blogue.

Descargar un vídeo de Youtube e logo subilo ao teu blogue.

Podes descargar calquera vídeo de YouTube dun xeito sinxelo, o único que tes que ter en conta é que este servizo é amplísimo pero non está revisado e non todos os vídeos que están publicados son realmente libres e poderían estar suxeitos a dereitos de autor cos que teríamos que ser respectuosos.
Así mesmo poderías atoparte con algunha sorpresa como publicidade non desexada ou contidos non apropiados.
O mellor é sempre revisar o contido completo e empregar o sentido común.

Unha vez descargado o vídeo podes subilo ao teu blogue e incluílo nun artigo empregando a técnica descrita no exercicio anterior. 

A vantaxe deste método é que evitas por un lado a publicidade e por outro que os alumnos, picando no enlace de YouTube que aparece no vídeo, se “vaian” fora da páxina e visiten en YouTube outro tipo de vídeos non desexados. 

O inconveniente é que podes chegar a sobrecargar a páxina e facela mais lenta. 

O lóxico é buscar un termo medio empregando o sentido común. 

Descargar un vídeo de YouTube paso a paso

1. Vai á páxina do servizo de distribución gratuíto de vídeo http://www.youtube.com/

2. Busca o vídeo que te interese 

3. Unha vez atopado, na url que aparece na barra de enderezos do navegador, escribe a palabra "kick" diante da palabra youtube. 

Vexamos isto cun exemplo:


En YouTube podes atopar un vídeo sobre o concerto que ofreceu Carlos Nuñez (Concierto de Aranjuez) xunto coa Orquesta Filarmónica de Galicia na Habana:http://www.youtube.com/watch?v=_Nwu3pMqa28

Para descargalo escribo na barra de enderezos a palabra “kick” diante de youtube. O enderezo queda así:
http://kickyoutube.com/watch/?v=_Nwu3pMqa28

4. Ao premer no Enter accederás a unha nova web que aparentemente é igual ca anterior só que agora engadiuse na parte superior unha barra de botóns adicionais. 

barra

5. Elixe neses botóns o formato FLV e preme sobre o botón GO (en verde) para comezar a descarga. 

Nota: 
non todos os vídeos están dispoñibles deste xeito e a dispoñibilidade depende tamén do sobrecargada que estea a rede nese momento.

6. Garda o arquivo no teu equipo. 

7. Despois segue os pasos explicados no exercicio anterior para subilo ao teu blogue. 


Embeber o código do vídeo no Blogue

Embeber códigos doutras páxinas que prestan servizos web é hoxe en día un dos recursos mais habituais nos blogues e unha ferramenta propia da web 2.0.
Atoparás numerosas páxinas que prestan este tipo de servizos, entre elas YouTube. 

Este servidor de vídeos gratuíto presta libremente o código html necesario para embeber calquera vídeo nun blogue o único que tes que facer é copialo e pegalo como un texto plano. 

Vexámolo co exemplo do vídeo anterior: 

1. Vai ao enderezo do vídeo: 
http://www.youtube.com/watch?v=_Nwu3pMqa28 

2. Na páxina de YouTube arriba á dereita verás un menú onde o servidor de vídeo ofrece información sobre o vídeo, a opción de subscribirse, e mais abaixo dous botóns, un facilita a url (ou enderezo) directo ao vídeo por se queres inxerir simplemente un link no blogue e outro botón que pon “Insertar” alí podes dispoñer do código html necesario para embeber o vídeo como un obxecto no blogue. 

youtube

3. Preme sobre o botón para configurar o aspecto do vídeo 

4. Xunto ao botón “Insertar” copia todo o código que parece na ventá (Ctrl+C) (ollo que hai mais do que se ve a simple vista) 

5. Entra no teu blogue 

6. Crea un artigo (elixe título, pon algún texto para acompañar etc.) 

7. Debaixo do editor de texto rico preme sobre a opción “Desactivar texto rico” 

texto rico

É agora moi importante que poñas especial coidado en non modificar accidentalmente nada xa que unha mínima variación do código pode facer que este non funcione. 

8. Sitúate ao final do último caracter que apareza escrito na ventá e pega o código de YouTube (Ctrl +V) 

texto plano

9. Finalmente preme sobre “Enviar” para publicar o contido e mira o resultado. 


Como exercicio tes que incluír un vídeo de YouTube dos dous xeitos descritos aquí. 
Podes ver o vídeo do exemplo nesta mesma ventá, foi incluido segiunde este último método. Deberías obter algo parecido.