Comezando a traballar con Blogues na web do centro.
Capítulo I
Tal e como xa explicamos anteriormente a web do colexio está feita en Drupal ver. 5.7 [1] que é un sistema de xestión de contidos (CMS)Este sistema proporciona a posibilidade de crear automaticamente un Blog para cada un dos usuarios rexistrados no espazo.
Qué son os usuarios rexistrados?
Hai dous xeitos de visualizala web do centro:- “Mirala”como un visitante ou usuario anónimo calquera de Internet, o único que hai que facer e poñer o enderezo (ou url) nun navegador como Internet Explorer, Mozilla [2] etc. Tamén se pode atopar a páxina a través de google.
- Accedendo a Área Privada de traballo, onde ademais de mirar se pode: publicar, comentar, modificar, crear, eliminar contidos etc. O enderezo neste caso segue a ser o mesmo: centros.edu.xunta.es/valesvillamarin , é accesible tanto dende a Intranet (a rede do colexio pertencente á Xunta) como dende Internet. O único que precisamos é dunha conexión a Internet e dun navegador (preferiblemente Mozilla)
Por cuestións obvias de seguridade esta zona está restrinxida aos usuarios autenticados, é dicir aqueles que posúen un nome de usuario e un contrasinal proporcionados pola dirección do centro.
Neste caso o único que hai que facer é acceder á zona Privada e iniciar sesión no espazo introducindo dito nome de usuario e contrasinal no lugar indicado para tal fin (a isto se lle chama logearse ou autenticarse)
Quén autoriza a unha persoa a ser usuario rexistrado?
A dirección do centro é quen autoriza ou non a qué persoas da comunidade educativa (profesores, persoal do centro, alumnos, pais, nais...etc) se lles proporciona un usuario e contrasinal.Quen proporciona os nomes de usuario e contrasinal?
Estes son proporcionados polo equipo de administradores da páxina (o cordinador TIC do centro) e os profesores que queiran formar parte deste equipo de administradores poden solicitalo e serán benvidos.Como son os nomes de usuario e o contrasinal?
O usuario o proporciona o administrador da páxina.A primeira vez que se da de alta a un usuario se lle pon unha contrasinal xenérica que o usuario DEBE CAMBIAR tan pronto como entre a primeira vez na páxina web do cole.
Recomendamos poñer a mesma contrasinal que no correo para non esquecela.
Os usuarios que nunca entraron, seguen a ter a contrasinal xenérica. Se algún profesor tivera problemas para acceder, non ten mais que comunicalo.