Exercicio7: Inxerir un arquivo


Inxerir un arquivo

Podes inxerir nun artigo do teu Blogue un arquivo calquera por exemplo un pdf. Ata o de agora vimos que cando subiamos un vídeo (formato FLV) ou unha imaxe (formato JPG ou PNG) se reproducían dun xeito automático. 
En xeral podemos subir como arquivos adxuntos moitos tipos de arquivos, a diferencia é que non todos se poderán reproducir dun xeito automático. 
Por exemplo se subimos como adxunto unha presentación en power point o navegador non poderá reproducila, entón no equipo da persoa que o este vendo se buscará unha aplicación coa que se poida abrir (neste caso Microsoft Power point)a diferencia é que as imaxes e vídeos se repoducen no navegador sen necesidade de ningunha aplicación auxiliar. 

Pasos a seguir para adxuntar un arquivo

  1. Busca un arquivo nun dos formatos permitidos, por exemplo un pdf
  2. Crea un artigo no teu Blogue
  3. Pon título
  4. Escribe algún texto de acompàñamento no "corpo"
  5. Na zona corespondente a arquivos adxuntos examina e busca o arquivo no teu equipo
  6. Cando o teñas seleccionado preme sobre "Abrir" para elexilo.
  7. Preme sobre "Adxuntar" para subir o arquivo
  8. Activa a opción "Lista" se queres que calquera visitante da páxina poida ver e descargar o arquivo.
  9. Preme finalmente sobre "Eviar" para publicar o artigo
Observa o resultado.


Exercicio:

  1. Crea un artigo de blogue
  2. Pon un título
  3. Sube un arquivo pdf (un por exemplo coas datas dos exames, ou unha actividade que teñen que facer os alumnos na casa..etc)
  4. Copiar a ruta url que aparece debaixo do arquivo
  5. Desactivar a opción "Lista" se non queremos que se descarguen o arquivo.
  6. No "corpo" do artigo escribir un texto e establecer un enlace ao arquivo subido (ver explicación de establecer vínculos nun exercicio anterior)
  7. No enlace lembrar deixar marcada a opción de "abrir nunha nova ventana"