Exercicio5: Inxerir un vídeo nun artigo


Inxerir directamente un vídeo nun artigo do blogue

Antes de nada aclarar que os vídeos que se poden subir deben estar en formato flash video (extensión FLV) e o único que hai que facer e engadilos a un contido como arquivos adxuntos.

Pasos a seguir

  1. Conseguir o arquivo de vídeo que queremos publicar no formato que sexa preferiblemente en formato FLV.
  2. No caso de que o arquivo non estea nese formato o primeiro que tes que facer é convertelo a FLV. Para elo dispos dunha ferramenta completamente gratuíta colgada na páxina do CEIP Vales Villamarin, chámase Format Factory, e a podedes atopar premendo neste enlace ou ben indo a Zona de descarga > utilidades. Esta ferramenta está en castelán e o seu uso é moi doado.
  3. Revisamos o nome do arquivo (por se acaso) e o renomeamos se fose necesario para asegurarnos de que non leva ningún carácter estraño coma espazos, comas, acentos, eñes, símbolos ou calquera outra cousa. O nome do arquivo ten que ser algo así: calqueranome.flv ISTO É FUNDAMENTAL, SE O NOME DO VIDEO LEVA UNHA Ñ, UN ESPAZO EN BRANCO ETC. O VIDEO NON SE REPRODUCIRÁ
  4. Creamos un artigo de blogue
  5. Poñemos un Título
  6. Podemos escribir un texto acompañando dalgunha imaxe etc.
  7. Na opción de “adxuntar arquivo” buscamos e engadimos o noso arquivo de vídeo.
  8. Prememos sobre o botón Enviar.
Por defecto Drupal coloca sempre os vídeos ben arriba de todo, ao princpio do contido, ou abaixo de todo ao final do contido.

LISTO, xa está, en canto vexamos o contido observaremos o video inxerido nel e poderemos reproducilo facilmente.

Podedes ver neste enlace un exemplo de vídeo nun artigo de blogue.


NOTA 1

Ter en conta que o límite de subida é de 40 MB, para que vos fagades unha idea aproximadamente uns 13 minutos de vídeo (en formato flv).

NOTA 2

No caso de vídeos moi longos: sempre os podedes editar e dividir en partes de 10 minutos e despois subir todos os “anacos” como adxuntos ao mesmo contido. Unha vez feito, Drupal encárgase automaticamente de volver a “pegalos” e reproducilos como un arquivo único.
Tedes un exemplo neste enlace , ainda que a simple vista non o pareza son dous vídeos "pegados" nun.

Como exercicio tedes que facer o seguinte:

1. descargar a palicación format factory e instalala no voso equipo.
2. buscar un video calquera e convertilo a flv con dita aplicación.
3. Publicar dito vídeo no voso blogue.





Para saber algo mais do tema

Formato dun arquivo

O formato dun arquivo é simplemente o modo en que está codificada a súa información coa finalidade de que poida ser interpretada polo ordenador, e determina a súa “estrutura” interna. A simple vista un usuario pode saber qué formato ten un arquivo mirando a súa extensión[1].

Formatos de vídeo. Formato FLV (flash video)

Existen moitos formatos de vídeo, como MOV (QuickTime Movie[2]), AVI (Audio Video Interleaved, audio vídeo intercalado) ou o estándar MPEG (Moving Pictures Experts Group)[3].

Os vídeos Flash, extensión de ficheiro FLV, convertéronse rapidamente nun dos formatos máis empregados en Internet para distribuír vídeo debido principalmente ao seu pequeno tamaño, polo que aforran longos tempos de carga aos usuarios. Así poden empregarse clips de vídeo máis longos sen que elo volva mais lenta a reprodución. É un dos formatos mais empregados polos sistemas de vídeos online como Youtube.

Este formato (FLV) contén datos de audio e vídeo codificados para publicar mediante Flash Player[4]

Os Flash video se reproducen mediante streaming empregando a memoria caché, de xeito que os arquivos grandes se almacenan en partes pequenas e se accede a eles dun xeito dinámico, permitindo escoitar e visualizar o vídeo mentres se vai descargando no noso equipo, evitando así, a longa espera que require obter o arquivo completo.

O streaming funciona dun xeito moi sinxelo: o noso equipo ao detectar o arquivo con esta tecnoloxía, comeza a descargalo e vai creando un buffer onde comeza a gardar a información, unha vez este buffer teña unha pequena parte dos datos comezará a reproducir o vídeo mentres continúa o resto da descarga.



[1] Todos os arquivos (os ficheiros que almacenamos no ordenador) teñen un nome e unha Extensión, como o nome e o apelido dunha persoa, o nome pode ser mais ou menos “libre” e a extensión ten case sempre tres letras. Nome e extensión sepáranse por un punto deste xeito: nomedoarquivo.ext

[2] Feito por Apple, é multiplataforma e as súas versións máis recentes permiten interactuar con películas 3D e realidade virtual

[3] Este formato produce unha compresión dos datos cunha pequena pérdida de calidade; dende a súa creación, definíronse: MPEG-1 empregado en CD-ROM e Vídeo CD,MPEG-2, para DVD de Vídeo e a televisión dixital, MPEG-4, emprégase para transmitir vídeo e imáxenes nun ancho de banda reducido; O formato MPEG4 é a base de formatos como divx

[4] Adobe Flash Player é unha aplicación en forma de reprodutor multimedia creado inicialmente por Macromedia e actualmente distribuído por Adobe Systems. Permite reproducir arquivos SWF. Estes arquivos pódense reproducir nun navegador, o seu formato é o dun Plug-in ou obxecto ActiveX. Tamén é empregado para mellorar a calidade de vídeo sobre todo de internet; cada nova versión fai que a carga de vídeo sexa mais óptima e mais rápida, os efectos no vídeo serán mellores, vídeos mais nítidos con diminución no pixelado (cadrados grandes no vídeo) 


Descargar video en formato FLV - O NOSO CORPO para insertar no noso blog