Exercicio3: Incluir un vínculo nun contido

Hiperenlaces ou vínculos

Un hiperenlace (tamén chamado enlace, vínculo, ou hipervínculo) é un elemento dun documento electrónico que fai referencia a outro recurso, por exemplo, outro documento ou un punto específico deste ou doutro documento.
Un hiperenlace permite acceder ao recurso enlazado de diferentes formas: visitalo cun navegador (no caso por exemplo dunha páxina web), mostralo como parte do propio documento (un link á unha parte do documento) ou gardalo localmente (caso por exemplo de arquivos adxuntos).

Un enlace conta con dous extremos, denominados áncoras, e unha dirección.
Móstranse dalgunha forma distintiva, por exemplo nunha cor, letra ou estilo diferente. O punteiro do rato tamén pode cambiar á forma de man para indicar que hai un enlace.
En moitos navegadores, os enlaces móstranse en texto azul subliñado cando non foron visitados, e en texto púrpura subliñado cando foron visitados.
Cando o usuario activa o enlace (por exemplo picando sobre el co rato) o navegador mostrará o destino (a páxina web a que rediriximos ou un arquivo que adxuntamos para a súa descarga)
Na actualidade os hiperenlaces son un dos factores mais importantes de posicionamento web dende que Google inseriu esta variable no seu algoritmo anos atrás.
Os motores de busca, como Google ou Yahoo!, utilizan os enlaces, entre outros datos, como unha medida da popularidade para determinar que páxinas deben aparecer nos primeiros postos dunha busca concreta. Cantas máis enlaces apunten a unha páxina, máis alto pode ser o posicionamento da páxina nun buscador.
No artigo do blogue que publiquemos podemos incluir enlaces de xeito que cando alguén o este vendo poida picar sobre unha palabra determinada (aparece resaltada en cor azul e suliñada) ou sobre unha imaxe para: abrir outro documento, ou unha foto ou un arquivo de música, ou outra páxina web, ou calquera sitio a onde nos interese redirixir aos visitantes.


Pasos a seguir para incluir un vínculo nun contido do blogue:

  1. Copiamos o enderezo ou ruta a onde queremos redirixir aos visitantes. No caso particular dun arquivo adxunto, unha vez subido o ficheiro podemos copiar co rato a ruta que se visualiza debaixo do arquivo: seleccionar a ruta e co botón dereito do rato elixir "copiar" (ou ben premer as teclas Ctrl e C ao mesmo tempo)
  2. No corpo do contido seleccionamos a palabra ou texto que vai a servir de ancora do "link" ou enlace
  3. Prememos sobre o botón de "Enlazar", é un debuxo dun eslabón de cadea como iste eslabon
  4. Na ventá que se abre onde pon "dirección del enlace" pegamos a ruta a onde queremos redirixir aos visitantes. No caso dos arquivos adxuntos a ruta que copiamos no paso 1(botón dereito pegar ou ben premendo á vez as teclas Ctrl e V)
  5. É importante elixir en "Destino" a opción de "abrir en una ventana nueva (_blank)" Deste xeito nos aseguramos de que o enlace se abre nunha pestana independente da páxina e o visitante non perde a referencia da páxina do colexio.
  6. Prememos na ventana sobre o botón "Actualizar"ou "Insertar"
Como exercicio edita o artigo que creaste no primeiro exercicio e inclue nel un vínculo a unha páxina web que te pareza interesante para os rapaces empregando a técnica aqui descrita.